Contén diferentes imaxes relacionadas coa obra.
AFOUTEZA DO LABREGO
Blog de José Luis para publicar traballos da materia de Lingua Galega e Literatura.
venres, 22 de maio de 2020
PEL DE LOBO
O presente traballo trátase dun bibliotráiler do libro Pel de lobo de Xosé Miranda.
Contén diferentes imaxes relacionadas coa obra.
Contén diferentes imaxes relacionadas coa obra.
martes, 25 de febreiro de 2020
HAI, AI, AÍ/HABER, A VER
Amosareivos un texto propio que contén todos os casos de hai, ai, aí, haber e a ver.
Decidín
ir ao campo de fútbol a xogar pero esperei alí no parque do lado,
xa que Xoán me dixo que hai
moita xente. Logo máis tarde cando xa non había
tanta xente fun xogar e nun momento de golpeo de balón pegueille a
portería, no momento berrei: Ai!
O meu pé, que dor. Díxome un amigo que aí
preto está o Centro de Saúde e fomos alí para saber se tiña algo
roto. O centro tiña moitos haberes.
Fixéronme ao momento unha radiografía e díxenlle ao médico,: a
ver a
radiografía. El díxome a
ver, tes unha
leve escordadura no dedo meñique do pé.
Imaxe: EIBARSESTAOX: O Couto( Ourense)
PORQUE, POR QUE E PORQUÉ // SENÓN, SE NON
Amosareivos un texto propio que contén todos os casos de porque, por que, porqué, senón e se non.
A rúa estaba mollada porque
onte choveu, aínda que os do tempo dixeron que faría sol. Meu primo
preguntoume que, por que non ía xogar con el á
pelota. No momento non souben o porqué me chamou a min
e non a meu irmán. Ao chegar alí non xogamos á pelota senón
que xogamos á consola. A miña tía ofreceunos galletiñas e un
refresco e dixo que se non as queríamos todas, que non
tocáramos as que non comamos.
A ESCRITA DOS NÚMEROS
Amosareivos un texto propio que contén todos os casos da escrita de números.
No día de onte no xornal saíu unha
estatística do paro, na que aparecía que no verán comezaron postos
de traballo para seis de cada dez
persoas. Tamén, descendía o número de parados en Galicia a
trescentos quince. Os soldos dos traballadores tiña un
mínimo de 1.100€. Noutra noticia estaban os
resultados do campionato de España de atletismo. O Ourensán Rubén
proclamábase campión co primeiro posto e o vigués
Matías quedaba 8º nos 100m lisos. A
proba celebraba o corenta
aniversario e transcorría o 5 de abril do 2019.
Debaixo das noticias nun recuncho atopábase un anuncio dunha venda
dun piso, de 40m2 e con fiestras de
62,15cm de alto.
Imaxe: ACENTO: Carrera de 100m
USO DE MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS
Amosareivos un texto propio que contén todos os casos de maiúsculas e minúsculas.
O verán pasado, foi xenial e paseino moi ben. Ocorreu en Ramil, unha aldea de Ourense. Era de noite e eu quedaba cos meus amigos a unha hora punta que non facía nin frío nin calor. Decidimos xogar ás agachadas e tocoume buscar a min, e pregunteime: onde están agochados os meus amigos?. Logo atopei a Xoán e máis Xulia. Mateo dixo unha palabra que ninguén coñecía e ao día seguinte decidín buscala no dicionario da Real Academia Galega. Atopei o seu significado e posteriormente dirixinme a ler o xornal Sermos Galiza. Nunha noticia aparecía que a Sra. Mónica contaba nunha rolda de prensa que o IVE baixaría un 2%. O xornal era do luns 8 de xaneiro. Outra noticia que me impresionou foi que no sur falecera unha muller a causa dunha onda de calor e a presidenta da comunidade decretou un día de luto.
Imaxe: CON MIS HIJOS: juego del escondite
O verán pasado, foi xenial e paseino moi ben. Ocorreu en Ramil, unha aldea de Ourense. Era de noite e eu quedaba cos meus amigos a unha hora punta que non facía nin frío nin calor. Decidimos xogar ás agachadas e tocoume buscar a min, e pregunteime: onde están agochados os meus amigos?. Logo atopei a Xoán e máis Xulia. Mateo dixo unha palabra que ninguén coñecía e ao día seguinte decidín buscala no dicionario da Real Academia Galega. Atopei o seu significado e posteriormente dirixinme a ler o xornal Sermos Galiza. Nunha noticia aparecía que a Sra. Mónica contaba nunha rolda de prensa que o IVE baixaría un 2%. O xornal era do luns 8 de xaneiro. Outra noticia que me impresionou foi que no sur falecera unha muller a causa dunha onda de calor e a presidenta da comunidade decretou un día de luto.
Imaxe: CON MIS HIJOS: juego del escondite
O LIMPABOTAS
Amosareivos unha producción propia que trata sobre un limpabotas.
Corría
o século XIX no que un cativo
limpabotas
chamado
Breogán
ía
pola
súa aldea natal
buscando xente á
que lle limpar os zapatos. A
aldea é moi visitada
por xente que marcha ao traballo. El
era miúdo e pouco adiñeirado, vestía normal e sabía ler e
escribir.
Non
puido continuar na escola xa que necesitaba traballar para gañar
cartos. No seu labor coñeceu a unha moza chamada Carme, coa que
compartía afeccións e gustos, como o do chocolate ningún dos dous
se podía resistir. Os dous foran á mesma escola ata que se
separaron e cada un foi polo seu lado. Un marchou traballar e a outra
continuou estudando pero noutra aldea. Volvéronse atopar un día
pola rúa.
Namoraron
ao intre e logo estiveron falando. Estivéronse vendo ás agochadas
durante un ano, logo xa coñeceron aos pais do outro. Máis tarde
formaron unha familia de neno e nena. Breogán cambiou de traballo a
un mellor, de xefe dunha empresa de zapatería, que co paso dos anos
a empresa foi medrando ata ser moi coñecida.
Décadas
despois, Breogán acaba falecendo pola súa elevada idade, Carme
queda soa cos fillos e coa empresa de seu viúvo. Dous anos despois
falece por un ataque ao corazón.
martes, 8 de outubro de 2019
ASÍ SON EU: GÚSTAME/ NON ME GUSTA
GÚSTAME:
Xogar
cos amigos, pasar o verán na aldea, os traballos tradicionais da
aldea, a mecánica, traballar, a fotografía, o amencer e anoitecer,
cociñar,
as sobremesas caseiras coma o arroz con leite, a verdura como o
brócoli, as
lambetadas, os animais, os días de xogos en familia, os xogos
tradicionais como o da buxaina, os libros de Gerónimo
Stilton, as
novelas de terror, as películas de comedia, o bo humor dos chistes,
a música electrónica,
os graffitis que son coloridos, os regalos, os aniversarios
divertidos, peitear a xente, os coches de rally facendo espectáculo,
os
deportes como o atletismo, as viaxes a outros países, as excursións,
a cor verde da natureza...
NON
ME GUSTA:
Os
berros dos rapaces, os días de trono, as clases, os exames, estudar,
os castigos, as
matemáticas, as
vacinas, as agullas, o sangue en abundancia, as mortes, as guerras,
os atracos, os asasinatos con armas, os accidentes, a pobreza dos
indixentes, o tabaco, a droga, o machismo, a violencia de xénero, a
diferenza salarial entre homes e mulleres, a política,
as hipotecas, o paro, a deforestación, o quentamento global, os
virus, os cancros...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
PEL DE LOBO
O presente traballo trátase dun bibliotráiler do libro Pel de lobo de Xosé Miranda. Contén diferentes imaxes relacionadas coa obra.
-
Amosareivos un texto propio que contén todos os casos de maiúsculas e minúsculas. O verán pasado, f oi xenial e paseino moi...
-
Amósovos a valoración literaria do libro Os nenos da varíola
-
Amosareivos un texto propio que contén todos os casos da escrita de números. No día de onte no xornal saíu unha estatística ...