martes, 25 de febreiro de 2020

USO DE MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

      Amosareivos un texto propio que contén todos os casos de maiúsculas e minúsculas.
 
     O verán pasado, foi xenial e paseino moi ben. Ocorreu en Ramil, unha aldea de Ourense. Era de noite e eu quedaba cos meus amigos a unha hora punta que non facía nin frío nin calor. Decidimos xogar ás agachadas e tocoume  buscar a min, e pregunteime: onde están agochados os meus amigos?. Logo atopei a Xoán e máis Xulia. Mateo dixo unha palabra que ninguén coñecía e ao día seguinte decidín buscala no dicionario da Real Academia Galega. Atopei o seu significado e posteriormente dirixinme a ler o xornal Sermos Galiza. Nunha noticia aparecía que a Sra. Mónica contaba nunha rolda de prensa que o IVE baixaría un 2%. O xornal era do luns 8 de xaneiro. Outra noticia que me impresionou foi que no sur falecera unha muller a causa dunha onda de calor e a presidenta da comunidade decretou un día de luto.


                                                           Imaxe: CON MIS HIJOS: juego del escondite

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PEL DE LOBO

O presente traballo trátase dun bibliotráiler do libro Pel de lobo de Xosé Miranda. Contén diferentes imaxes relacionadas coa obra.