Corría
o século XIX no que un cativo
limpabotas
chamado
Breogán
ía
pola
súa aldea natal
buscando xente á
que lle limpar os zapatos. A
aldea é moi visitada
por xente que marcha ao traballo. El
era miúdo e pouco adiñeirado, vestía normal e sabía ler e
escribir.
Non
puido continuar na escola xa que necesitaba traballar para gañar
cartos. No seu labor coñeceu a unha moza chamada Carme, coa que
compartía afeccións e gustos, como o do chocolate ningún dos dous
se podía resistir. Os dous foran á mesma escola ata que se
separaron e cada un foi polo seu lado. Un marchou traballar e a outra
continuou estudando pero noutra aldea. Volvéronse atopar un día
pola rúa.
Namoraron
ao intre e logo estiveron falando. Estivéronse vendo ás agochadas
durante un ano, logo xa coñeceron aos pais do outro. Máis tarde
formaron unha familia de neno e nena. Breogán cambiou de traballo a
un mellor, de xefe dunha empresa de zapatería, que co paso dos anos
a empresa foi medrando ata ser moi coñecida.
Décadas
despois, Breogán acaba falecendo pola súa elevada idade, Carme
queda soa cos fillos e coa empresa de seu viúvo. Dous anos despois
falece por un ataque ao corazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario